Galego, moi pronto Castellano
Miguel de Cervantes, 34, bajo · LUGO  /  TFNO: 982 240 921
Downlugo - Asociación Síndrome de Down de Lugo Downlugo - Asociación Síndrome de Down de Lugo
Sindrome de Down DownLugo Programa e actividades Actualidade Recursos Colaboracións Información e Contacto

ÁREA DE INTEGRACIÓN SOCIAL E VIDA AUTÓNOMA

> Autonomía persoal e social

OBXECTIVOS
Potenciar nos nenos/as, novos e adultos con síndrome de Down a adquisición e desenvolvemento de capacidades e habilidades que potencien a súa autonomía persoal e social, preparándoos para participar das posibilidades e recursos que lles ofrece a súa contorna socio-comunitaria.

ACTIVIDADES/ ACTUACIÓNS

  • Traballar normas de cortesía e hábitos de conversación.
  • Coñecemento e uso do transporte público e seguridade viaria.
  • Saídas pola cidade nas que se traballe especificamente as normas de seguridade viaria: percorrido máis adecuado, semáforos, pasos de peóns, perigos para cruzar, etc.
  • Elaboración de axendas con datos persoais e de todos os seus amigos.
  • Actividades encamiñadas a potenciar o autocoidado (arranxo persoal) e habilidades sociais instrumentais.
  • Coñecemento e uso do diñeiro.
  • Obradoiro de afectividade e sexualidade.


INFORMACIÓN ADICIONAL:
PDF Programa Alforja


> Autonomía doméstica

OBXECTIVOS
Adquirir as habilidades, destrezas e os coñecementos básicos necesarios para desenvolverse con autonomía nas tarefas do ámbito doméstico.

ACTIVIDADES/ ACTUACIÓNS

  • Realización de exercicios para practicar habilidades como espremer, untar, cortar ou abrir latas.
  • Aprendizaxe de tarefas domésticas como pór a mesa, fregar a louza, varrer ou pasar a fregona.
  • Realización de receitas sinxelas.




  • > Lecer e tempo libre

    OBXECTIVOS
    Ofrecer aos mozos/as con discapacidade actividades de lecer para o seu tempo libre de forma que se divirtan en ambientes normalizados e establezan relacións de amizade no grupo.

    ACTIVIDADES/ ACTUACIÓNS

  • Obradoiro de teatro.
  • Saídas para coñecer a cidade nas que os propios mozos/as fagan de guías.
  • Saídas polos lugares de lecer da cidade: discoteca, cine, pubs, boleira, karaoke, etc.
  • Asistencia a espectáculos, exposicións e eventos deportivos.
  • Excursións e rutas de sendeirismo.
  • Celebración de distintas festas: Entroido, Nadal. Nelas os usuarios colaborarán activamente na súa organización.
  • Celebración de festas de aniversario.





  • Asociación Síndrome de Down de Lugo
    c/ Miguel de Cervantes, 34, bajo (27003) · Lugo
    Apartado de Correos 517 (27080) · Lugo
    TFNO: 982 240 921
    Sindrome de Down DownLugo Programa e actividades Actualidade Recursos Colaboracións Información e Contacto