O pasado día 3 de xuño de 2010 participouse con motivo do “Día do Medio Ambiente”, nunha xornada organizada por CARREFOUR no Centro de Interpretación Avifauna
O pasado día 3 de xuño de 2010 participouse, con motivo do “Día do Medio Ambiente”, nunha xornada organizada por CARREFOUR no Centro de Interpretación Avifauna en Bravos, Outeiro de Rei (Lugo).
A xornada comezou cunha visita guiada polo parque zoolóxico dedicado ás aves, constituíndo un agradable e divertido percorrido a través dos amplos recintos que asemellan a contorna natural das aves, con estanques e abundante vexetación. A continuación realizouse un concurso de debuxo e unha divertida merenda.
Ademais dos mozos e mozos de DOWN LUGO, participaron membros da Asociación ASPACE e os fillos dos empregados de CARREFOUR.
Posteriormente, o día 10 de xuño de 2010, a representante de CARREFOUR, Dna. Pilar Vicente, fixo entrega dos premios do concurso de debuxo a todos os participantes, nas instalacións do centro comercial CARREFOUR.