Exposición sobre voluntariado "Solidarízate" da Obra Social Caixa Galicia
A exposición "Solidarízate", inaugurada o pasado día 2 de xullo de 2009, na rúa da Raíña, polo Director Xeral de Caixa Galicia, D. José Luís Méndez López, o Excmo. Sr. Alcalde de Lugo, D. José López Orozco e a Secretaria Xeral de Benestar, Dna. Susana López Abella, poderase visitar ata o 12 de xullo de 2009.
Trátase dunha nova exposición urbana, que fai visible o labor do voluntariado e das organizacións sociais e que invita a toda a cidadanía a participar na construción dun mundo mellor.
Participan na exposición 26 ONGs de Lugo con actividades solidarias paralelas. A Asociación DOWN LUGO presenta:
- TOMAS UN CAFÉ CONNOSCO?
Comparte un café no centro de Lugo con mozos/as con discapacidade intelectual e achégate á súa realidade. Sorprenderaste do que somos capaces e pasarás unha tarde inesquecible.
Terá lugar o día 7 de xullo, na rúa da Raíña, ás 18:00 horas.
- PODEMOS SER INDEPENDENTES
E PREPARÁMONOS PARA FACELO
DOWN LUGO invítate á súa sede. Realizarás unha visita da man de mozos/as con discapacidade intelectual que che darán a coñecer todos os nosos programas e actividades.
Terá lugar o día 10 de xullo, na sede de DOWN LUGO, na rúa Miguel de Cervantes, 34 baixo, de 11:30 a 13:00 horas e de 17:00 a 19:30 horas.