Un Congreso para coñecer a fondo o presente e o futuro das persoas con síndrome de Down.
O II Congreso Iberoamericano sobre a síndrome de Down celebrarase na cidade de Granada do 29 de abril ao 2 de maio de 2010.
Organizado por DOWN ESPAÑA e baixo a Presidencia de Honra de S.M. Dona Sofía, Raíña de España, este Congreso proponse:
Promover e difundir unha NOVA FILOSOFÍA DE VIDA para as persoas con síndrome de Down que lles permita, baixo criterios propios, exercer o control sobre a súa vida con autonomía e plenitude, como cidadáns activos.
Potenciar o papel da FAMILIA nos procesos de integración, normalización e inclusión das persoas con síndrome de Down, como recurso necesario e suficiente en si mesmo.
Constituír a FEDERACIÓN IBEROAMERICANA DE SÍNDROME DE DOWN sobre as base de valores culturais compartidos, co obxectivo de lograr a unidade necesaria no escenario internacional para levar a cabo programas operativos comúns e adaptados ás necesidades e realidade socioeconómica dos países que a integren.
Cada un dos tres eixos temáticos do Congreso conta coa presenza de relatoras de sólida traxectoria profesional e investigadora. Estes expertos, abordarán desde a perspectiva da promoción da AUTONOMÍA PERSOAL, temas de actualidade relativos ao proxecto de vida das persoas con síndrome de Down, co obxectivo de previr situacións de dependencia pasiva.
Ao mesmo tempo, DOWN ESPAÑA en colaboración con DOWN GRANADA convoca o 10º ENCONTRO NACIONAL DE FAMILIAS DE SÍNDROME DE DOWN, os días 30 de abril, 1 e 2 de maio de 2010, destinado a familias de persoas con síndrome de Down de toda España co obxecto de apoiar o seu labor, mellorar a súa formación e fortalecer a relación e comunicación entre as mesmas.
Aberto o prazo de inscrición.
Para máis información, visite a web do Congreso